Aquí tendes uns exemplos de "audición activa": con movemento, xesto dramático, resposta vocal ou sustitucións de palabras por xestos. Recursos que nos serven para facer de calquera audición musical unha actividade máis lúdica que a simple presentación da audición de xeito pasivo....
Sirva tamén o vídeo como unha contribución máis d@s nen@s ó proxecto TICs desta escola.
lunes, 21 de noviembre de 2011
lunes, 14 de noviembre de 2011
ROMARÍA DE SAN FINS DO CASTRO
AÍ NO CUBO TENDES AS FOTOS E ABAIXO UN PEQUENO VÍDEO CON DIVERSOS MOMENTOS DA ROMARÍA DE SAN FINS DO CASTRO
viernes, 4 de noviembre de 2011
SE TOCO A TROMPETA "TARA TARA TARETA"
Despois de pasar tanto medo, imos con esta bonita canción que nos vai "REVIVIR" o espíritu. Podemos traballar o recurso eco no principio da canción e a imitación de instrumentos no refrán...
miércoles, 26 de octubre de 2011
O BAILE DOS ESQUELETOS
A finais de outubro, e aprobeitando a celebración do Samaín, escoitamos e bailamos con este "terrorífico" vídeo de Wallt Disney. De tanto medo que pasamos, os rapazes e rapazas non fan máis que pedirme que o poña outra vez..."para bailar de medo"
jueves, 13 de octubre de 2011
CANCIÓNS DA ORQUESTRA PANTASMA
Aquí tendes algunhas das cancións da famosísima e internacional Orquestra Pantasma, para a Romaría de San Fins. Trátase de imitar os diferentes instrumentos que saen na canción Dona Anica e imitar os movementos da vaquiña Manuela... preparados que vai haber que tocar a esgallo..............
SEÑORA DONA ANICA
A VAQUIÑA MANUELA (1)
SEÑORA DONA ANICA
A VAQUIÑA MANUELA (1)
viernes, 7 de octubre de 2011
PEQUENOS ARTISTAS
Estreamos o blogue, por fin, cunha edición de cousiñas "made in feitas na casa": Fichas de cancións coloreadas e fotos dos nen@s que serven ademais para que se vexan entre escolas aínda que sexa a través de Internet...
A música de fondo é "O bruxo da montaña" de Milladoiro
A música de fondo é "O bruxo da montaña" de Milladoiro
Suscribirse a:
Entradas (Atom)
-
Nas noites frías do Entroido saen on indios a tocar e a danzar. Espantan espíritus malignos e malas vibracións. Cos seus raros instrumentos,...


