jueves, 22 de diciembre de 2011

domingo, 11 de diciembre de 2011

CERVOS MUSICAIS...VAIA CACHO DE ANIMAIS !!!


Clicade na imaxe dos cervos , e atoparedes unha auténtica banda de música dirixida polo inconmensurable, inigualable e tamén plegable Papá Noel.


Despois van tocando ou deixando de tocar o seu instrumento a medida que vaiades clicando en cada un deles ou no Papá Noel...




lunes, 21 de noviembre de 2011

ANIMAIS MUSICAIS

Aquí tendes uns exemplos de "audición activa": con movemento, xesto dramático, resposta vocal ou sustitucións de palabras por xestos. Recursos que nos serven para facer de calquera audición musical unha actividade máis lúdica que a simple presentación da audición de xeito pasivo....

Sirva tamén o vídeo como unha contribución máis d@s nen@s ó proxecto TICs desta escola.

lunes, 14 de noviembre de 2011

viernes, 4 de noviembre de 2011

SE TOCO A TROMPETA "TARA TARA TARETA"

Despois de pasar tanto medo, imos con esta bonita canción que nos vai "REVIVIR" o espíritu. Podemos traballar o recurso eco no principio da canción e a imitación de instrumentos no refrán...

miércoles, 26 de octubre de 2011

SAMAÍN HALLOWEN AI QUE MEDO EU PASÍN

DESPOIS DE GRAVAR ESTA CANCIÓN CASE MORREMOS DE MEDO

bruxas

s




O BAILE DOS ESQUELETOS

A finais de outubro, e aprobeitando a celebración do Samaín, escoitamos e bailamos con este "terrorífico" vídeo de Wallt Disney. De tanto medo que pasamos, os rapazes e rapazas non fan máis que pedirme que o poña outra vez..."para bailar de medo"


jueves, 13 de octubre de 2011

CANCIÓNS DA ORQUESTRA PANTASMA

Aquí tendes algunhas das cancións da famosísima e internacional Orquestra Pantasma, para a Romaría de San Fins. Trátase de imitar os diferentes instrumentos que saen na canción Dona Anica e imitar os movementos da vaquiña Manuela... preparados que vai haber que tocar a esgallo..............

SEÑORA DONA ANICA

A VAQUIÑA MANUELA (1)

viernes, 7 de octubre de 2011

PEQUENOS ARTISTAS

Estreamos o blogue, por fin, cunha edición de cousiñas "made in feitas na casa": Fichas de cancións coloreadas e fotos dos nen@s que serven ademais para que se vexan entre escolas aínda que sexa a través de Internet...

A música de fondo é "O bruxo da montaña" de Milladoiro

jueves, 6 de octubre de 2011

martes, 20 de septiembre de 2011

"MOI CONTENTO Á ESCOLA VOU"

Esta canción de "Mamá Cabra" traballámola a principios de curso: xa sabedes...O cole. Os amigos. Os xogos. A mochila. As cancións do pesado do profe de música....

martes, 13 de septiembre de 2011

CANCIÓN DOS LITTLE EINSTEINS

DEBUXOS ANIMADOS PARA NENOS COS QUE OS PODEMOS INTRODUCIR NA MÚSICA CLÁSICA, A TRAVÉS DAS SÚAS AVENTURAS... CON FRAGMENTOS COMO "NA GRUTA DO REI DA MONTAÑA" DE E. GRIEG, NA AVENTURA DOS FANTASMAS DE HALLOWEEN. FRAGMETOS DA ÓPERA CÓMICA "CARMEN" DE BIZET, NA AVENTURA DOS PIRATAS, ENTRE OUTROS...

A RUN RUN