martes, 28 de febrero de 2012
FUN AO MERCADO A COMPRAR CAFÉ...VEU A FORMIGUIÑA E PICOU O MEU PÉ
DESPOIS DO ENTROIDO CANTAMOS E BAILAMOS CON ESTA CANCIÓN INFANTIL BRASILEIRA. MOVENDO AS PARTES DO CORPO ÁS QUE A FORMIGUIÑA VAI CHEGANDO...
viernes, 24 de febrero de 2012
ESCOITA ÓS INDIOS NO ENTROIDO TOCAR...QUE SE CADRA TES QUE ESCAPAR
Nas noites frías do Entroido saen on indios a tocar e a danzar. Espantan espíritus malignos e malas vibracións. Cos seus raros instrumentos, inventan ritmos salvaxes chegados do confín do Averno, onde nin sequera Deus nin o demo, se atreven a escoitar...
AQUÍ TENDES O AUDIO PARA QUEN TEÑA A OSADÍA DE ESCOITALO. NON NOS FACEMOS RESPONSABLES DO QUE LLE POIDA PASAR...JA JA JA JAAAAAAAAAAAA....
BARCOS DE PAPEL...UN MOSQUITO...E GOTIÑAS DOURADAS DE MEL
Pequena versión d@s nen@s de Corcoesto da famosa canción de Miliki, tamén versionada por Bumbury
ENTROIDO DE CIRCO EN CABANA...QUE XA HABÍA MOITA GANA
O Entroido en Galicia é tradición, variedade, divertimento, cultura...Manter todas estas cousas forma parte da educación, tanto como calquera outra cousa que nós queiramos impoñer como "aprendibles por necesidade". O circo serveunos de tránsito entre a tradición e a trasformación da realidade á que nos conduce ó Entroido, coa necesidade de facerlle entender ós nen@s de ter que mantelo nas súas todas manifestacións...
CLICADE NO ALTAVOZ DO REPRODUCTOR DE VÍDEO PARA ESCOITAR OU DETER A MÚSICA
jueves, 16 de febrero de 2012
UNHA ORQUESTRA DE PALLA?...VAIA VAIA !!!
Sorprendente audición da obra contemporánea "Asubíos nos fríos," interpretado polo sexteto instrumental "Fontenlas," para 3 silbopallas soprano, 1 contralto, 1 tenor e 1 barítono.
É de sinalar a increíble versatilidade do silbopalla tenor, evidenciada na súa depurada técnica na interpretación con, e sen a silbopalla na boca.
Para facer as "silbopallas" aplanamos o extremo dunha palla de refrescos e cortámola en forma de "punta de lapis". Despois canto máis grande o pequeno sexa o segmento da palla soará máis grave ou máis agudo..........
miércoles, 15 de febrero de 2012
A MÚSICA É XOGO, EMOCIÓN... E UN MOITIÑO DE PAIXÓN
Xogamos ó xogo das cadeiras coa sonata de Mozart "Serenata nocturna". O que perde segue xogando pero fai a estatua cando para a música.
CLICADE NO ALTAVOZ DO REPRODUCTOR DE VÍDEO PARA ESCOITAR OU DETER A MÚSICA
lunes, 13 de febrero de 2012
MANÁ MANÁ TU TUUU TURURU
Hacia finais de febreiro traballamos con esta canción dos teleñecos a iniciación a improvisación partindo da imitación: primeiro imitamos os personaxes do vídeo. Logo intentámolo (máis ben cos nenos de 4 e 5 anos) partindo dunha melodía ( instrumental, vocal ou mixta...) na parte"A" do tema. E facendo rondas de improvisación con percusión corporal, co movemento, con instrumentos ou coa voz, na parte "B"...
Suscribirse a:
Entradas (Atom)
-
DESPOIS DO ENTROIDO CANTAMOS E BAILAMOS CON ESTA CANCIÓN INFANTIL BRASILEIRA. MOVENDO AS PARTES DO CORPO ÁS QUE A FORMIGUIÑA VAI CHEGANDO.....
-
SILBOPALLAS Para facer as "silbopallas" aplanamos o extremo dunha palla de refrescos e cortámola en forma de "punta de l...