viernes, 1 de junio de 2012

REVISTA CONTIÑOS: EDUCACIÓN ARTÍSTICA

Aquí vos deixo algunhas das imaxes que inclúo na revista "Contiños": algunhas das pinturas dos nen@s, construcción de instrumentos musicais e algúns xogos...




martes, 22 de mayo de 2012

SONS AGUDOS SONS GRAVES

Neste video recoñecemos algúns instrumentos de vento. Facemos exercicios de memoria auditiva e repasamos os sons agudos e graves

viernes, 4 de mayo de 2012

CORCOESTO BLUES

Postos a improvisar...en 10 minutos e a cantar. Tamén nas terras altas de Bergantiños faise blues de pola casa andar...



Polas nosas terras galegas tamén cantamos, aínda que non blues exacatmente... Os rapaces e rapazas do CRA "Os remuiños" así o atestiguan...



E ademais tamén facemos versións de cancións como esta de MIliki, xa incluida noutra entrada, pero que vos colgo aquí coas outras dúas cancións...

jueves, 3 de mayo de 2012

TRUCO OU TRATO HAI QUE DECIR...

Coa melodía de Grieg "Peer Gynt na cova do rei ad montaña", os Little Einsteins cantan a canción de "Truco Ou Trato hai que decir e despois repetir..." No medio dunha historia de fantasmas que acaban sendo instrumentos musicais

martes, 17 de abril de 2012

CONTO MUSICAL DE PEDRO E O LOBO

Nesta volta de Semana Santa, traballamos algúns instrumentos da orquetra sinfónica por medio deste conto musical...

martes, 27 de marzo de 2012

A MARGARIDA BRANCA


Antes da Semana Santa, dramatizamos e cantamos esta canción "A margarida branca" que podedes escoitar no reproductor de abaixo. Tendes a letra a continuación...
Toc tic toc quen chama a esta casa
É o sol que nela quere entrar
Toc tic toc quen chama esta casa
É a auga que nela quere entrar
Toc tic toc na margarda branca
Auga e sol entraron pra xogar




miércoles, 21 de marzo de 2012

PRIMAVERA


Coa chegada da primavera traballamos tamén a expresión corporal coa audición activa, por medio dun musicograma, das "Catro estacións" de Vivaldi, (as flores, o sol, a chuvia os paxaros a tormenta...).




viernes, 9 de marzo de 2012

AUDICIÓN MUSICAL

AS EMOCIÓNS FORMAN PARTE DA NOSA VIDA DIARIA. ENTENDELAS E CONTORLALAS VAINOS FACER MELLORES PERSOAS: ESTABILIDADE, EMPATÍA, XENEROSIDADE, PENSAMENTO CRÍTICO, HUMILDADE, SEGURIDADE, SUPERACIÓN...

ESTA FICHA DE AUDICIÓN EMOCIONAL PRETENDE SER UN PEQUENO EXEMPLO DE COMO POR MEDIO DA MÚSICA SE PODEN TRABALLAR E CONTROLAR ESES IMPULSOS, ÁS VECES TAN IMPREDECIBLES, QUE CHAMAMOS EMOCIÓNS............

CADA EMOTICONO CORRESPÓNDESE CON CADA UNHA DAS 5 AUDICIÓNS:


AUDICIÓN EMOCIONAL

TRISTES. ALEGRES. ENFADADOS. NAMORADOS. ASUSTADOS




CANCIÓNS TRADICIONAIS CANTADAS POLOS NENOS

Este pandeiro

Vinde ver o neno

lunes, 5 de marzo de 2012

CONSTRUCIÓN DE INSTRUMENTOS...MENUDOS INVENTOS

SILBOPALLAS

Para facer as "silbopallas" aplanamos o extremo dunha palla de refrescos e cortámola en forma de "punta de lapis". Despois canto máis grande o pequeno sexa o segmento da palla soará máis grave ou máis agudo........






CORNETÓFONOS:

BOCAS DE BOTELLAS E VIBRACIÓN LABIAL...


LACTÓFONO DE DÚAS ALTURAS
BRICK DE LEITE OU ZUME. DÚAS GOMAS. CLIPS PARA TENSALAS...






Rascaplasticos:
restos do material das botellas con fendiduras



YOGUR-MARACAS:
ARROZ. CELO. VASOS DE PLÁSTICO. ROTULADORES PERMANENTES


BONGOTÓFONOS
CORTES DE BOTELLAS DE TAMAÑOS DIFERENTES. CELO ANCHO. ROTULADORES PERMANENTES

GOMÓFONO PARAFÍNICO CROMÁTICO
GOMA ELÁSTICA ENGANCHADA COS TAPÓNS DUNHA BOTELLA PEQUENA

RASACADOR DE PIÑA
PIÑA. PAU DE PIÑEIRO. PINCEIS. TÉMPERAS


BONGOCAOS:
DOUS BOTES DE COLACAO DE TAMAÑOS DIFERNTES. CELO ANCHO. ROTULADORES PERMANENTES


LIRA CHINA FEITA CON CORDAS DE GUITARRA, LISTÓNS DE MADEIRA E CARTÓN NO FONDO DA CAIXA DE RESONACIA

martes, 28 de febrero de 2012

FUN AO MERCADO A COMPRAR CAFÉ...VEU A FORMIGUIÑA E PICOU O MEU PÉ

DESPOIS DO ENTROIDO CANTAMOS E BAILAMOS CON ESTA CANCIÓN INFANTIL BRASILEIRA. MOVENDO AS PARTES DO CORPO ÁS QUE A FORMIGUIÑA VAI CHEGANDO...


viernes, 24 de febrero de 2012

ESCOITA ÓS INDIOS NO ENTROIDO TOCAR...QUE SE CADRA TES QUE ESCAPAR

Nas noites frías do Entroido saen on indios a tocar e a danzar. Espantan espíritus malignos e malas vibracións. Cos seus raros instrumentos, inventan ritmos salvaxes chegados do confín do Averno, onde nin sequera Deus nin o demo, se atreven a escoitar...


AQUÍ TENDES O AUDIO PARA QUEN TEÑA A OSADÍA DE ESCOITALO. NON NOS FACEMOS RESPONSABLES DO QUE LLE POIDA PASAR...JA JA JA JAAAAAAAAAAAA....


BARCOS DE PAPEL...UN MOSQUITO...E GOTIÑAS DOURADAS DE MEL

Pequena versión d@s nen@s de Corcoesto da famosa canción de Miliki, tamén versionada por Bumbury

ENTROIDO DE CIRCO EN CABANA...QUE XA HABÍA MOITA GANA

O Entroido en Galicia é tradición, variedade, divertimento, cultura...Manter todas estas cousas forma parte da educación, tanto como calquera outra cousa que nós queiramos impoñer como "aprendibles por necesidade". O circo serveunos de tránsito entre a tradición e a trasformación da realidade á que nos conduce ó Entroido, coa necesidade de facerlle entender ós nen@s de ter que mantelo nas súas todas manifestacións...


CLICADE NO ALTAVOZ DO REPRODUCTOR DE VÍDEO PARA ESCOITAR OU DETER A MÚSICA

jueves, 16 de febrero de 2012

UNHA ORQUESTRA DE PALLA?...VAIA VAIA !!!

Sorprendente audición da obra contemporánea "Asubíos nos fríos," interpretado polo sexteto instrumental "Fontenlas," para 3 silbopallas soprano, 1 contralto, 1 tenor e 1 barítono.
É de sinalar a increíble versatilidade do silbopalla tenor, evidenciada na súa depurada técnica na interpretación con, e sen a silbopalla na boca.


Para facer as "silbopallas" aplanamos o extremo dunha palla de refrescos e cortámola en forma de "punta de lapis". Despois canto máis grande o pequeno sexa o segmento da palla soará máis grave ou máis agudo..........

miércoles, 15 de febrero de 2012

A MÚSICA É XOGO, EMOCIÓN... E UN MOITIÑO DE PAIXÓN

Xogamos ó xogo das cadeiras coa sonata de Mozart "Serenata nocturna". O que perde segue xogando pero fai a estatua cando para a música.


CLICADE NO ALTAVOZ DO REPRODUCTOR DE VÍDEO PARA ESCOITAR OU DETER A MÚSICA

lunes, 13 de febrero de 2012

MANÁ MANÁ TU TUUU TURURU


Hacia finais de febreiro traballamos con esta canción dos teleñecos a iniciación a improvisación partindo da imitación: primeiro imitamos os personaxes do vídeo. Logo intentámolo (máis ben cos nenos de 4 e 5 anos) partindo dunha melodía ( instrumental, vocal ou mixta...) na parte"A" do tema. E facendo rondas de improvisación con percusión corporal, co movemento, con instrumentos ou coa voz, na parte "B"...


martes, 24 de enero de 2012

UN TESOURO MUSICAL QUE NON NOS VÉN NADA MAL

Este é o final da aventura dos Little Eisteins "El cofre del tesoro". Foi a primeira audición que traballamos. É unha aventura de piratas na que imos viaxando por diferentes océanos ata que atopamos o tesouro. Traballamos a discriminación auditiva. O pulso marcando os pasos. E a forma musical cos cambios de sentido da marcha.........O fragmento musical é do IV acto da ópera cómica "Carmen" de Bizet...."





lunes, 16 de enero de 2012

BELISARIO O DINOSAURIO DITADOR

CON ESTE CONTO DE GUERRA...QUEREMOS FACER SABER...QUE TODO AQUEL QUE NOS BERRA...BEN QUERENDO OU SEN QUERER...CON UNHA CANCIÓN BAIXAMOS...OS SEUS CALZÓNS E UNIFORME...PARA QUE ENTENDA DUNHA VEZ...QUE CON BERROS E VIOLENCIA...NON TERÁ NOSA OBEDIENCIA


AQUÍ ABAIXO TENDES O AUDIO DO CONTO

jueves, 12 de enero de 2012

ORQUESTRA DE REFUGALLO NO SEU PRIMEIRO ENSAIO

FACEMOS INSTRUMENTOS CON BOTELLAS , VASOS DE PLÁSTICO E VASOS DE YOGUR: UNS BONGÓS, CORNETAS EN "SI RENOL", E VARIAS GÜIRO-MARACAS...

martes, 10 de enero de 2012

TENGO UNA MUÑECA


Despois de vir os Reises comezamos en xaneiro con esta canción infantil clásica , relacionada cos xoguetes que os nenos veñen de recibir.Despois da súa dramatización (imitando o vídeo ou con xestos inventados), facémola con percusión corporal e logo con pequena percusión

..

Aquí vos deixo unha versión da escola de Borneiro coas voces dos nen@s e un metalófono contralto

Tengo una muñeca

A RUN RUN